RESUMO DO DESENROLO DA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 2016

Na Asemblea da CMVMC de Salcedo celebrada o 5/11/2016, ca participación de 145 comuneiros de un censo de 198, se trataron e acordaron  ca variación de +/- un voto en conta ou abstención, entre outros, os temas seguintes:

  • APROBACIÓN do Informe de Xestión da Xunta Reitora onde se restauraron, repoboaron e puxeron en valor unha superficie de 37 ha. de terreo e patrimonio comunal, con unha inversión de  159.932,49 € que supuxo o 70 % dos ingresos  do período 2015 – 2016.
    Na repoboación se plantaron 12.000 árbores de 17 especies entre frondosas, coníferas e de ribeira.
    Se consideramos o elemento do emprego necesario para todos estes traballos. podemos  estar falado da creación de 165 xornais durante o período
    A data de hoxe, isto supón  a recuperación e posta en valor de 110 ha. de monte comunal ca plantación de 30.000 arbores.

 

  • APROBACIÓN do Informe Económico e Estado Actual das Contas da Comunidade con uns gastos totais de 230.268,98 € durante o período e unha previsión para 2016-2017 de 178.000 €.


  • APROBARÓNSE as actuacións a desenvolver  no patrimonio comunal para o período 2016-2017  con un orzamento de 110.000 €

 

  • APROBACIÓN do Proxecto redactado pola Comunidade de: Recuperación da orografía e da paisaxe forestal no Monte San Martiño, superficie de 5 ha. (actual emprazamento do antigo campo de tiro da base militar), que deberá executarse polo Ministerio de Defensa a mediados de 2017 como indica o escrito do Ministerio de Defensa (Ispección General  del Ejército Jefatura 4ª de la Subinspección General), remitido o Presidente da CMVMC de Salcedo e onde por parte da Comunidade se pretende entre outros traballos de posta en valor, a creación dunha área recreativa.

Tamén se informou  á Asemblea ca Base ten previsto neste mes de novembro, o traslado das manobras de tiro o novo campo, deixando totalmente libre de manobras militares toda a superficie de terreo comunal non alugada a Defensa.

  • APROBOUSE a solicitude de cesión de uso gratuíta o Concello de Pontevedra dunha parcela de 2.135 m2 no monte comunal do Castro no lugar de Cabanas para a instalación dun campo de xogos tradicionais na Parroquia de Salcedo.
    Esta solicitude do Concello, obedece a reivindicación dos veciños da parroquia da necesidade de construír un campo de xogo de billarda e bolos celtas en ese lugar.

 

  • APROBACIÓN da solicitude da Agrupación de Cazadores de Salcedo da cesión do monte comunal para uso cinexético para adestramento de animais de caza .

 

  • APROBOUSE  a proposta de participación e colaboración na Festa Benéfica para a investigación científica do CANCRO, a celebrar no Centro Social de Salcedo (Casa Verde), o vindeiro sábado 19 de novembro ás 18.30 h.
    A explicación por parte da mesa deste acto cultural pioneiro na nosa parroquia, creou tal impacto nos comuneiros asistentes que sorprendeu a proposta da Xunta Reitora de  colaborar con unha cantidade económica de 1.000 €, pedindo os asemblearios por unanimidade, que polo menos se dobrara esa cantidade a 2.000 €. Cantidade que será entregada  pola Comunidade no acto previsto.
    Dende esta comunidade pedimos os medios de comunicación, o mesmo entusiasmo e ánimo de colaboración que demostraron os comuneiros de Salcedo, en promover a participación nesta Festa da contra o Cancro para facer posible a máxima participación e recadación que ira directamente  destinada para a investigación desta cruel enfermidade.

 

  • APROBACIÓN da idea de elaborar o PROXECTO PARQUE ETNOARQUEOLOXICO DE SAN MARTIÑO DE SALCEDO. Dentro do Proxecto Global desta Comunidad, a Xunta Reitora propuxo a Asemblea a conveniencia de contemplar máis variedades de uso dos nosos montes, en consonancia cas novas demandas de espazos de lecer de calidade e garantindo a primacía ambiental e a súa función social. Trataríase de compatibilizar as accións encamiñadas a recuperación e posta en valor  do noso patrimonio comunal, con iniciativas económicas viables, socialmente útiles e que permitan a creación de emprego.
    Unha desta ideas executadas foi o Proxecto Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, promovido polas CMVMC de Salcedo e Lourizán e financiado por Salcedo, Lourizán e San Xulián. Outra actuación con data de execución e orzamento, é o proxecto de Recuperación da Orografía e da Paisaxe do Campo de Tiro e a Área Recreativa.
    A nova proposta aprobada,  xurde da idea de complementar o  importante  patrimonio arqueolóxico - etnográfico existente e os traballos de restauración e posta en valor  na zona ca creación deste parque, que estaría circundado polos petróglifos do Campo de Tiro e Outeiro da Mina, as  mámoas de Louredo e  Chan da Lagoa e as rutas de sendeiros , Salcedo no Tempo e Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños.

Este proxecto que se executara por fases, se iniciaría ca construción de unha Aldea neolítica, para posteriormente engadir un Centro de interpretación e outros elementos, os que posiblemente utilizaron os habitantes desa época asentados en esa zona. Todo isto como e natural e lóxico da cordo e proporción co que humildemente representa unha parroquia dun Concello como noso.
Na Asemblea se proxectou un esbozo do proxecto que foi aprobado  só con tres votos en contra.


A Asemblea rematou con un pincho e un viño entre os asistentes, como forma de concluír os traballos deste período e o final deste ano 2016.