PATRIMONIO MATERIAL
O PROXECTO DE ESCAVACIÓN DO MONTE DAS CROAS O pasado 20 de agosto e tras o acordo entre a Comunidade de Montes de Salcedo e o concello de Pontevedra para a cesión dos terreos comunais do monte das Croas, comezou a campaña de escavación do castro do monte das Croas.
Quen estea interesado en seguir os traballos arqueolóxicos do xacemento pode facelo a través da web http://tesourosdotempo.pontevedra.eu ou do facebookCastro das Croas. Polo de pronto, aquí tendes os videos do diario de escavación correspondentes á primeira semana. que está a realizar o compañeiro Lukas Santiago
O MONTE DAS CROAS EN “CULTURAGALEGA.ORG”Posted on 3 Setembro 2014 by asombradebouzapanda
LA VOZ DE GALICIA FAISE ECO DOS NOVOS PETRÓGLIFOS QUE ATOPAMOS NOS “SETE CAMIÑOS” Posted on 16 Xuño 2012 by asombradebouzapanda O Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños segue a sorprender pola súa riqueza arqueolóxica. DESCUBRIMOS PETRÓGLIFOS NON CATALOGADOS NA PARROQUIA DE SAN MARTIÑO DE SALCEDO (CONCELLO DE PONTEVEDRA)Posted on 2 Xuño 2011 by asombradebouzapanda
Hai un par de semanas, e por mor dun traballo de deslinde dos montes en man común da parroquia de San Martiño de Salcedo, o presidente da Comunidade de Montes —Don Fernando Pintos— puxo no meu coñecemento a localización dunha laxe no Monte do Castro (lugar de Cabanas) que, no seu parecer, presentaban unhas marcas que semellaban petróglifos. © Fotografías propiedade do autor do blog Contenido 4
Muíños do Batán Conxunto de muíños de grande interese etnográfico . Enmárcanse no fermoso treito do río Batán ou Outeiro que vai dende a A9 ata a ponte do Batán. Formado por 5 muíños de rodicio horizontal, 4 deles de planta rectangular e teito a unha auga, e un máis grande, dotado de vivenda, cunha interesante canle de condución de auga e dous infernos.
FONTE LUNARES FONTE DA PRATA
MUÍÑOS DO OUTEIRO Por riba dos muíños do Batán localízanse os do Outeiro, un conxunto de cinco muíños coñecidos co nome de Muíño do Pé Lamoso, Muíño do Firo, Muíño do Outeiro de Arriba, Muíño do Outeiro de Abaixo e Muíño de Pereira, estes tres últimos restaurados pola veciñanza da parroquia nos últimos anos. Todos son muíños de canle dunha soa moa. Todos, agás o de Pereira, son muíños de herdeiros, de propiedade compartida que se transmite en herdanza. As quendas de uso regulábanse por un tempo determinado. Deste uso compartido xurdían relacións sociais moi fecundas, como as muiñadas (festas nocturnas no muíño). O muíño de Pereira é de maquía, onde había un muiñeiro que cobraba pola moenda.
PONTE NOVO DOS FRAIRAS
|