XORNADAS SOBRE
O MONTE COMUNAL
|
Amigos do Monte
Ten como obxectivo o coñecemento e a toma de conciencia do que significan os Montes Comunais. O valioso patrimonio que conteñen (ambiental, forestal, arqueolóxico, etnográfico, pasaxístico). A necesidade de salvagardar os principios da defensa do común e a promoción de ideas e valores que modifiquen as actuais condicións de abandono no que se atopan, para facer deles lugares sostibles que sexan acaído para o esparexemento e o goce de todos.
A Comunidade quere promover a través destas saídas, a multifuncionalidade dun espazo cheo de posibilidades produtivas ambientais e de lecer, no que convivan os usos e recursos naturais, a paixón pola natureza e a conservación das tradicións do noso patrimonio cultural e de valores.
Amigos do Monte quere ser unha ferramenta máis para divulgar e coñecer os valores e proxectos que se desenvolven no noso monte e para o encontro de experiencias que nos aporten suxestións para novas actuacións.
A convocatoria vai dirixida a todos veciños e cidadáns, facendo un especial chamamento os rapaces e rapazas, xa que deben ser os vindeiros custodios e coidadores deste legado para manter vivo sempre o noso monte. |
|