PROXECTO GLOBAL


Se pensamos que o monte é parte da nosa historia, o proxecto da Comunidade de Montes de Salcedo debe ter como obxectivo o coñecemento e a toma de conciencia do que significan os montes comunais e o valioso patrimonio que conteñen (ambiental, forestal, arqueolóxico, etnográfico, paisaxístico). Tamén debe  obrigarnos a valorar todos seus recursos, a divulgar a necesidade de salvagardar a defensa do común e a promover ideas e valores para facer deles lugares sostibles e multifuncionables con posibilidades produtivas ambientais e de lecer.
Esta maneira de entender o monte, levou a Comunidade de Salcedo a traballar dende o ano 2009, nun PROXECTO INTEGRAL que recolle a recuperación do monte roubado os veciños, a súa restauración e posta en valor e o mantemento coidado e custodia de todo o seu patrimonio, para velo sempre vivo.


As liñas de actuación trazadas para o desenvolvemento deste proxecto, están recollidas no Plan de Ordenación  do Monte e nos Informes e Memorias elaborados por técnicos da Comunidade, debatidas e aprobadas na Asemblea Xeral de comuneiros e executadas por empresas con persoal cualificado contratado legalmente.

ACTUACIÓNS DESENVOLVIDAS NESTE PERIODO

 


1—RECUPERACIÓN DE MONTE.

Se recuperaron  por vías xudiciais  174 ha. de terreos roubados os veciños dende o ano 1895 que supoñían o 87% do total do terreo comunal da parroquia, pasando de 25 ha. a 207,63 ha.

sentencia
auto
auto

 

2 – REALIZACIÓN DO INFORME PERICIAL “A PARROQUIA DE SALCEDO E OS SEUS MONTES VECIÑAIS: A OCUPACIÓN DO MINISTERIO DE DEFENSA NO MONTE COMÚN DE SAN MARTIÑO”

Contempla a descrición da zona, antecedentes administrativos, aspectos históricos, análises da documentación, situación posesoria da “ocupación” do Ministerio de Defensa, a visualización fotográfica, a representación cartográfica, conclusións, fotografías e fotogramas. Un traballo que foi fundamental para a defensa xudicial do monte e pasa a formar parte da historia da nosa Parroquia. Recollido tamén en formato dixital

 

 

3 – MARCAXE DA LIÑA DIVISORIA ENTRE OS MONTES VECIÑAIS DE SALCEDO (PONTEVEDRA), FIGUeIRIDO E SAN MARTIÑO DE VILABOA (VILABOA), E SAN XULIAN DE MARÍN.

Este traballo ten por obxecto a marcaxe do terreo dos fitos que delimitan os montes veciñais das parroquias sinaladas. Os traballos técnicos abranguen a comprobación dos marcos existentes e o marcaxe do emprazamento daqueles non atopados, ademais daqueles outros intermedios nas aliñacións, segundo os datos do “Levantamiento Planimétrico de la Base General Morillo”, elaborado pola contrata do Ministerio  de Defensa de acordo cos antecedentes periciais  cara formalizar as cesións, autorizadas pola Xunta de Galiza co informe favorable do Servizo de Montes de Pontevedra.

 

 

4 – REPLANTEO DAS PARCELAS DE PERMUTA E CESIÓN PARA CAMPO DE TIRO DA B.R.I.L.A.T. NO MONTE VECIÑAL DE SAN MARTIÑO DE SALCEDO E MEDICIÓN DAS CAPTACIÓNS DAS TRAÍDAS DE AUGAS.

Neste traballo se realizou o replanteo dos puntos  que determinan o perímetro dos terreos destinados a CAMPO DE TIRO DA B.R.I.L.A.T. según constan definidos no informe topográfico denominado “Levantamiento Planimétrico de la Base General Morillo” elavorado pola contrata do Ministerio de Defensa, sobre as parcelas da permuta e cesión autorizadas polo Servizo de Montes-Xunta de Galiza.

 

 

5—REALIZACIÓN DUNHA “MEMORIA TÉCNICA DE DESLINDE DA CMVMC DE SALCEDO”.

Esta memoria ten como obxecto o deslinde de 11 parcelas comunais: MATALOBOS, CABANAS, CASTRO, CROAS, ESCULCA, CAEIRO,  ARMADA, PARDECELAS , CASAL, COSTA e IGREXA. En ela se recolle, os antecedentes e documentación empregada, metodoloxía da medición, parcelas a deslindar, descrición das parcelas, identificación dos lindeiros, superficie das parcelas, planos, listado de coordenadas, datos de campo da medición, descrición da tecnoloxía usada na medición, certificacións catastrais das parcelas a deslindar e dos  lindeiros particulares e situación dos marcos colocados. Recollido tamén en formato dixital.

 

6— CONVENIOS CO CONCELLO DE PONTEVEDRA PARA OBRAS SOCIAIS NA PARROQUIA.

Segregación da parcela Igrexa nº 42 para ceder o Concello de Pontevedra unha superficie de 2.656,70 m2 de terreo para a construción do CENTRO SOCIAL DE SALCEDO.


Cesión temporal o Concello de Pontevedra de unha superficie de 263,74 m2 de terreo na parcela comunal de Igrexa nº 42 para a construción de un PARQUE INFANTIL.


Cesión temporal o Concello de Pontevedra do Monte Croas, para poder desenvolver en el os traballos contemplados no “PROXECTO PARA A VALORIZACIÓN DO ESPAZO ETNOGRÁFICO E ARQUEOLÓXICO  DO VAL DE TOMEZA SALCEDO”, que o Concello pretende realizar co obxectivo de recuperar o patrimonio e os valores paisaxísticos da parroquia de Salcedo, por medio da posta en valor do conxunto do seu patrimonio cultural e natural. O proxecto comprende determinadas actuacións de mellora de accesibilidade de elementos patrimoniais no entorno do río do Batán e a escavación arqueolóxica do Castro das Croas.
Paralelamente a Concellería de Patrimonio Histórico do Concello de Pontevedra levou a cavo o ”PROXECTO SALCEDO NO TEMPO” onde o espazo etnográfico e arqueolóxico de Salcedo é un proceso de recuperación, divulgación e dinamización do patrimonio de Salcedo, artellado arredor dos bens etnográficos e arqueolóxicos desta Parroquia: O conxunto etnográfico dos muíños do Batán, as estacións arqueolóxicas de Vilar de Matos (Cabanas), Mato das Cruces (A Esculca), e Outeiro da mina); o Pazo de Gandarón ( sede da misión Biolóxica); o trazado da Vía XIX e os miliarios descubertos nas obras de construción da vía férrea; e o Castro das Croas  son os principais referentes de Salcedo No Tempo, un proxecto que contempla a restauración de bens, a sinalización e a posta en marcha dun programa de divulgación e dinamización mediante exposicións, guías, paneis interpretativos, roteiros, visitas guiadas, actividades lúdicas, etc.

A Asemblea de Comuneiros autorizou estas cesións, porque considera necesario recuperar o patrimonio cultural , natural e paisaxístico da  nosa Parroquia e permita a realización de actividades educativas, culturais e de lecer así como calquera outra relacionada co coñecemento,  conservación e posta en valor do noso patrimonio.
Os traballos contemplados nestas cesións entre a Comunidade e o Concello son hoxe unha realidade que pode visualizarse para orgullo de todos e pon de manifesto que con vontade e proxectos serios se alcanzan obxectivos que en principio parecen irrealizables.

A)NOVOS CONVENIOS CO CONCELLO DE PROXECTOS A DESENVOLVER

  • CESIÓN GRATUITA DO USO DOS TERREOS 2135 m2 PROPIEDADE DA COMUNIDADE DE MONTES SITUADOS NO LUGAR DE CABANAS PARCELA "O CASTRO" PARA A CONSTRUCIÓN DE UN CAMPO DE BILLARDA E XOGOS CELTAS

As obras valóranse en 59289,15 € segundo certifica a Xunta de Goberno Local do Concello de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 14/08/17.

  • ACORDOS ENTRE A COMUNIDADE E O CONCELLO PARA DESENVOLVER O PROXECTO DE NÚCLEO DE CENTRALIDADE PARA A INTEGRACIÓN DO CENTRO SOCIAL E A SEDE DA COMUNIDADE QUE CONLEVA A CREACIÓN DE UN GRAN ESPAZO DE LECER ENTRE ESTAS DÚAS EDIFICACIÓNS.

 

  • MULTIFUNCIONALIDADE DO MONTE SAN MARTIÑO: A INTEGRACIÓN DO DEPORTE, A NATUREZA E A CULTURA, UN ESFORZO DA COMUNIDADE DE MONTES DE SALCEDO (PONTEVEDRA)

 

PROXECTO DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS NO MONTE SAN MARTIÑO.

Trátase de un proxecto planificado dende un punto de vista holístico, abranguendo os aspectos deportivos, medioambientais, de lecer e culturais que o propio espazo recuperado do monte San Martiño nos ofrece e enmárcase nas liñas de actuación da Comunidade de Montes de Salcedo e no seu xeito de percibir o monte como un gran lugar natural e polifuncional, de potencialidade diversa, incluíndo a saúde e o benestar do ser humano, a vez que se compaxinan as actividades forestais de explotación racional do monte coas actividades mediambientais, culturais e coas deportivas que se poidan desenvolver tanto no propio monte como nas instalacións do centro deportivo.

O proxecto de creación dun área deportiva integrada como a que propoñemos será o colofón perfecto as actuacións levadas a cabo pola Comunidade de Montes de Salcedo e, asemade, permitirá artellar todos elementos patrimoniais e culturais e espazos restaurados nun só macroespazo patrimonial, didáctico, deportivo e natural de grande potencial.


 

 

PREACORDO COMUNIDADE DE MONTES DE SALCEDO CO CONCELLO DE PONTEVEDRA PARA DESENVOLVER ESTE PROXECTO QUE ESTÁ EN FASE DE REDACCIÓN.

 

 

7-CONVENIOS CON OUTRAS COMUNIDADES

Dentro deste proxecto integral, o “Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños” acordada e financiada a súa execución polas comunidades de Salcedo, Lourizán e San Xulián, pódese considerar unha actuación pioneira na recuperación e posta en valor deste patrimonio para o coñecemento e gozo de todos cidadáns.

8-CONVENIOS CON OUTRAS entidades da parroquia

1- CLUB CICLISTA FARTO

A Asemblea Xeral Ordinaria de 2015, autorizou por unanimidade a solicitude do Club Ciclista Farto para o desenvolvemento no monte comunal de San Martiño de adestramentos de unha escola de nenos/as afeccionados o ciclismo na modalidade Mini BTT.
En agradecemento se ofrecen a celebrar na parroquia, probas deportivas de competición a nivel autonómico en esta modalidade que chaman proba "Mini BTT Comunidade de Montes de Salcedo".

1ª PROBA


2ª PROBA.

 

 

2- SOCIEDADE CULTURAL DEPORTIVA SALCEDO

En 1988, a Asemblea da Comunidade de Montes de Salcedo, autorizou á Sociedade Cultural Deportiva Salcedo o uso exclusivo do Campo de Fútbol do Casal, construído en terreos do Monte Pardecelas para o Club de Fútbol da Parroquia. Debido a antigüidade destas instalacións, a Sociedade Deportiva Salcedo ben demandando o Concello de Pontevedra a construción de novas instalacións deportivas en Salcedo.
Actualmente A Comunidade de Montes e o Concello están negociando un proxecto de novas instalacións deportivas en terreos comunais cuio anteproxecto foi aprobado no Consello Parroquial e presentado en roda de prensa o 10 de agosto de 2017
Fotos Campo de Fútbol

 

9-CONVENIO CO MINISTERIO DE DEFENSA.

O convenio firmado en xullo de 2014, o Ministerio de Defensa comprometeuse a executar as labores de demolición, desescombrado, saneamento e limpeza dos campos de maniobras militares (aldea afgana, poboado urbano e campo de tiro), na zona liberada para os comuneiros.

Para elo, a Comunidade de Montes elaborou o proxecto de: "Recuperación da orografía e da paisaxe natural no Monte San Martiño". Este proxecto ten por obxecto a definición polo míudo das intervencións necesarias para a recuperación paisaxística e medioambiental nos solos do citado monte, trala ocupación e abandono destes terreos polo USBA General Morillo.

Estas intervencións consisten na recuperación parciasl das liñas orográficas existentes antes da ocupación, ata un estado próximo ó natural dun xeito tal que en termos xerais se lle devolvan a eses lugares, co tempo, uns valores paisaxísticos e forestais semellantes aos existentes na contorna, aproveitando aqueles espazos que polo súa actual característica poden ser utilizados para planificar dende un punto de vista holístico, abranguendo os aspectos deportivos, medioambientais, de lecer e culturais que o propio espazo recuperado do monte San Martiño nos ofrece.

Actualmente os traballos están executados nun 95 % con unha calidade aceptable por parte de técnicos e comuneiros.

 


10-COLABORACIÓN ECONÓMICA - DOAZÓNS CON OUTRAS ENTIDADES E PARTICULARES.


A Comunidade de Montes de Salcedo esta colaborando economicamente cada ano, dende 2014, co 5 % dos ingresos, a través de doazóns ás entidades da Parroquia que están debidamente constituídas e desenvolven sen ánimo de lucro, actividades sociais, culturais, deportivas, ou relacionadas ca divulgación e posta en valor do patrimonio da Parroquia. Tamén o está a facer con aquelas entidades – fundacións ou particulares que estean implicados en proxectos de interese social.

 

1. ENTIDADES DA PARROQUIA BENEFICIADAS CON DOAZÓNS 5 %:


ANO 2014

ANO 2015


ANO 2016


ANO 2017

 

2.     COMUNIDADE DE USUARIOS DE AUGA “ALTO SAN MARTIÑO”

A Comunidade de Montes de Salcedo colaborou economicamente con 2521€, (50 % dos custes), nos traballos para regular o manacial da Fonte da Prata que debido as deficientes unstalacións no reparto do caudal ca Comunidade de Usuarios de auga " Alto San Martiño", tiña períodos de seca

 

 

3.     FUNDACIÓN DE MEDICINA XENÓMICA DE GALIZA.

 

1ª Festa Benéfica para a investigación científica do CANCRO, ca participación do científico Ángel Carracedo e a escritora Loli Beloso.

En este evento a Comunidade de Montes, aprobado pola Asemblea Xeral danou 2.000 € ,que xunto co recadado na festa foi entregado á fundación que dirixe o Dr. Carracedo en Santiago de Compostela.

 

4.     COMUNIDADE DE HERDEIROS DO MUÍÑO DO BATÁN E DE MOLEDO

A Comunidadede de Montes de Salcedo colaborou económicamente con 500 € en materiais , na restauración dos muíños de herdeiros do Batán e de Moledo que estaban totalmente en ruínas e que actualmente o chamado Batán de Arriba quedou restaurado para moer

 

 

5.     COMUNIDADE DE VECIÑOS DE CAMPO DA PORTA

 Colaboración económica de 1275,63 € por parte da Comunidade de Montes na compra de todos os materiais para a restauración da Fonte do Campo da Porta .

Os veciños do lugar realizaron os traballos de restauración.

 

6.     ANDRÉS DOMÍNGUEZ CRESPO.

Andrés Domínguez Crespo de 17 anos de idade e veciño da nosa parroquia de Salcedo que levado pola súa afeción a correr leva subido a varios podios en categorías de YAMAHA R3 na escola de Chicho Lorenzo.

Ante as dificultades económicas para poder financiarse en este tipo de competicións a nivel nacional, solicitou da Comunidade de Montesde Salcedo axuda económica en forma de patrocinio e de esta forma levar o logotipo da nosa comunidade en cada carreira. A Asemblea Xeral aprobou a solicitude de patrocinio co unha axuda de 2000 €.

 

 

A NOSA INTEGRACIÓN CON OUTRAS ENTIDADES

 

A Comunidade de Montes de Salcedo está integrada na Mancomunidade de Montes de Pontevedra e da Organización Galega De Comunidades de Montes, formando parte das xuntas  reitoras, sendo galardoada no V Congreso da Organización Galega celebrado en Lugo.

 

 

TRABALLOS DE RESTAURACIÓN E POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO

 

1— RESTAURACIÓN CASA SEDE DA COMUNIDADE.

Se fixeron importantes  obras de mellora e posta en valor como a limpeza e retirada de cortellos, a colocación de portas e ventas exteriores e interiores novas ,  colocación de cámaras interiores para eliminación de humidades, cintado paredes exteriores, servizos na planta baixa, pintados, construción de estanterias para arquivos , beirarrúa na fachada, conexión á rede de sumidoiros, construción de muro exterior con portal de acceso á finca e parque infantil , construción de un Campo de Petanca , colocación de bancos e mesas e plantación de arbores ornamentais .

 

2 – MONTES ARMADA, ESCULCA, MATALOBOS e croas 

Se desenvolveron actuacións acordadas cos veciños do lugar e pensadas na mellora das condicións actuais do monte, fundamentalmente, cunha finalidade social de recuperación dun terreo para o esparexemento dos veciños da Parroquia e calquera outros. O obxectivo da intervención é por tanto, múltiple: mellora ecolóxica, e paisaxística así como redución de risco de accidentes.
Se realizaron traballos tala e limpeza de invasoras, retirada de vertidos ilegais, restauración de camiños, fondas no terreo por acopios ilegais de material, aliviadoiro de noiros, poda e rareo das especies existentes, repoboación con frondosas caducifolias, (castaños, cereixos, nogais, maceiras, arandalos ), peche cinexético para impedir o gando solto limpeza de fontes e colocación de mesas de pedra do pais con bancos de 290 x 100 cm, restauración de muiños, asadoiro e construcción do Miradoiro da Armada.

 

3 – MONTE SAN MARTIÑO.

Esta parcela comunal de 172,5 Ha. foi recuperada mediante Sentencia nº 147/2011, de 20 setembro, recaída no Procedemento Ordinario nº 1016/10 seguido ante o Xulgado de 1ª Instancia nº 4 de Pontevedra que declarou despois de máis de cen anos de ocupación militar que son propiedade da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Salcedo, por habelas vindo posuíndo como parte inseparable do Monte veciñal “Común de San Martín” desde tempo inmemorial.
Este gran logro histórico para os comuneiros de Salcedo, fixo posible iniciar un proceso de negociación co Ministerio de Defensa que culminou o 16 de Xulio 2014 ca firma dun Convenio entre as partes. En este Convenio, a Comunidade cede en réxime de aluguer previo pago de un canon económico, unha superficie de 71,33 Ha. que comprenden o asentamento das infraestruturas (30,28 Ha.) e 41,05 para campo de manobras. Tamén se recolle a permuta dun enclavado ( Cachada de Salgueiro), situada no centro do monte ( zona Fonte da Prata) que pasa a situarse no extremo sur-oeste lídante ca Comunidade de San Xulián, pero o acordo máis importante deste Convenio foi lograr a liberación de 101,17 Ha. de monte para os comuneiros libre de todo tipo de ocupación militar e de manobras, facendo ademais que esta superficie liberada sexa a que esta próxima a poboación e a que conten todo patrimonio arqueolóxico e etnográfico. Afastando da poboación  toda  a zona de manobras militares.
A partires deste acordo aprobado en Asemblea so con un voto en contra e catro abstencións, a  Comunidade  se plántea desenvolver un gran proxecto  de restauración e posta en valor desas  101 Has. de monte maltratado e abandonado durante tantos anos, facendo de forma medioambientalmente sostible e multifuncional, tratando de recuperar o seu estado natural e repoboando cas especies arbóreas axeitadas para cada zona.
Este proxecto se está desenvolvendo actualmente segundo o Plan de Ordenación e pode visualizarse percorrendo os 4.600 metros de camiños e sendeiros  recuperados , as fontes,  as pontes e os pozos restaurados, a eliminación de 20 ha. de mimosa, as repoboacións de 12 ha. de  castiñeiros, 20 ha. de piñeiros,  7 ha. de árbores de ribeira (bidueiros, freixos e abeleiras),  2 ha. de carballos, 1 ha. de aias, o “Arboreto do Vello” de 2ha. con loureiros, espiño albar, acevos, serval, madroños, bidueiros, freixos, abeleiras, castaños, carballos, sobreiras, liquibandar e arces, a limpeza, rareo e poda de 40 ha. de pinos, frondosas e eucaliptos e a limpeza do couce do río Cubeiro.
Neste Proxecto Integral que estamos desenvolvendo, ten unha especial importancia para esta comunidade, a creación de espazos e rutas que dotados dos elementos necesarios axeitados ( paneis informativos,mesas , bancos, xogos, pontes , fontes,miradoiros, etc.), que permita ós veciños e resto de cidadáns o esparcemento e a comunicación entre eles que incida nunha  mellor calidade de vida de todos e un mellor coñecemento do noso patrimonio.

 

Plano do monte no ano 1965 trala cesión gratuíta do Concello de Pontevedra que abranguía case todo o monte (liña laranxa), sobre o fotograma do voo americano do ano 1956 no que se ve a base militar daquela e as repoboacións forestais.

Plano do monte no ano 2010 cando se iniciou o preito (a mesma liña laranxa da cesión gratuíta do ano 65), coa base militar e as zonas de manobras e o campo de tiro.

Plano do monte no ano 2015 sobre o mesmo fotograma anterior, coa permuta e as cesións recentes.

4 — COLOCACIÓN DE 170 MARCOS IDENTIFICATIVOS DE PEDRA DO PAÍS DE  130 X 25 X 25 cm.

Dende un principio e o marxe das novas tecnoloxías consideramos necesario a colocación de marcos para que calquera comuneiro poida identificar os lindes comunais se se levara a cavo algún tipo de alteración non autorizada. Os marcos están numerados segundo a parcela e cas iniciais de CMS. Actualmente están rematados estes traballos nos montes Armada, Caeiro Croas, Costa, Esculca e  unha parte do monte San Martiño, quedan pendentes Castro, Matalobos, e Pardecelas .

NOVOS PROXECTOS A DESENVOLVER pola comunidade.

MUSEALIZACIÓN PARQUE ETNOARQUEOLÓXICO DAS CABANAS PREHISTÓRICAS DO OUTEIRO DAS MOURAS, SALCEDO, PONTEVEDRA

 

 


A Comunidade de Montes de Salcedo, sensibilizada ante o feito de que na súa contorna conta con un patrimonio arqueolóxico destacado:

  • O Conxunto Rupestre do outeiro das Mouras/A Chan das Mouras (Regato dos Buratos/Outeiro da Mina), con máis de 7 grupos de gravados.
  • Os Petróglifos do Campo de Tiro (As Apañadas).
  • O Petróglifo da Pedra do Escorregadoiro.
  • Os Petróglifos do Outeiro das Apañadas.
  • Os Petróglifos da Cachada do Vello.
  • Os Petróglifos de Pozo de Vilar de Matos.
  • A desaparecida Mámoa de Louredo.
  • Os Castro das Croas e os Penedos.

E xa achegados, nas parroquias lindantes:

  • A Mámoa dos Sete Camiños e Mámoas de Catadoiro (Lourizán).
  • Os Petrógliflos de Outeiro da Edra e o conxunto de gravados do Pornedo (Lourizan).
  • Os petróglifos de Sete Camiños e Pinal de Caeiro (San Xulián de Marín).

Estes restos poñen de manifesto a importancia estratéxica destes lugares do sur de Pontevedra dende finais do neolítico ata idade de bronce.
Ante o feito da súa importancia histórica,  a CMVMC de Salcedo é consciente da súa situación nun  espazo xeográfico idóneo para unha proxección exterior do barrio e da cidade e ten o empeño de continuar coa musealización dos elementos arqueolóxicos aquí localizados. Convertendo o lugar nun espazo multifuncional para crear e recrear actividades prehistóricas co principal obxectivo da divulgación e a educación sobre o noso patrimonio cultural.
A recreación dunhas cabanas prehistóricas no monte axudará a interpretación dos xacementos arqueolóxicos  creando ademais un espazo físico onde realizar actividades o aire libre asociadas o patrimonio.

 

PROXECTO DE RECREACIÓN DE CABANAS PREHISTÓRICAS

 

 

 

DOCuMENTAIS SOBRE O PASADO E PRESENTE DA NOSA MEMORIA

 

1-COMUNEIROS CEN ANOS DE VIDA E LOITA POLO MONTE DE SALCEDO

 


Promovido pola Comunidade de Montes de Salcedo e producido pola Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), este documental recolle a historia do uso tradicional do monte e da loita dos comuneiros de Salcedo polo dereito a súa lexítima propiedade e a súa explotación. Cen anos de historia na voz dos seus protagonistas: os comuneiros de San Martiño de Salcedo.
Este documental está dispoñible para todas persoas que estean  interesadas en este tipo de transmisión oral da veciñanza comuneira.


2-SALCEDO CON MEMORIA


Dentro da idea de traballar nun proxecto integral que contemple a recuperación, a restauración e o mantemento do patrimonio forestal, arqueolóxico , etnográfico e cultural da Parroquia. A Asemblea de comuneiros de 2014, aprobou o proxecto de SALCEDO CON MEMORIA, que pretende recoller en forma de documental, todos traballos que se desenvolven nas parcelas comunais como: limpeza, repoboación, restauración, deslindes, amolloamento, derribo de elementos de manobras (campo de tiro, “aldea afgana”, “poboado urbano”), arranxo e apertura de camiños forestais, restauración do patrimonio arqueolóxico e etnográfico, construción do Novo Centro Social, Parque Infantil e todo aquilo que poida marcar un antes e un despois na historia da Parroquia. Se trata de dispoñer de un documento visual con voz para poder visualizar, expoñer e explicar todos estes traballos e a súa evolución en aqueles actos (Asembleas, xornadas, congresos),  que sirvan de experiencia e motivación ás xeracións vindeiras de Salcedo, para que dentro de uns anos poidan ver, analizar e estudar o desenvolvemento da súa Parroquia e valorar a través deste coñecemento a herdanza dos seus antepasados.
É un proxecto a longo prazo que realizan veciños da Parroquia comprometidos de forma altruísta a levar adiante este traballo ó mesmo tempo que se realizan as actividades.