Faro de Vigo ——————————————————————————————————————- SOBRE A PARTICIPACIÓN NAS “I XORNADAS SOBRE PATRIMONIO” FALANDO DE MÚSICA NA “I XEIRA DO PATRIMONIO RURAL” Diario de Pontevedra ——————————————————————————————————————- SOBRE A I XEIRA DO PATRIMONIO RURAL DE SALCEDO Diario de Pontevedra Faro de Vigo O DOCUMENTAL “COMUNEIROS. CEN ANOS DE VIDA E LOITA POLO MONTE DE SAN MARTIÑO” OGRANDE ACOLLIDA DO DOCUMENTAL “COMUNEIROS”Posted on 6 Novembro 2011 by asombradebouzapanda
Onte, como xa anunciamos, tivo lugar a presentación do documental “Comuneiros. 100 anos de vida e loita polo monte de Salcedo”, unha produción da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración coa Comunidade de Montes Salcedo. O audiovisual fai un percorrido por un século de vida e de explotación tradicional do monte comunal —verdadeira e única fonte de subsistencia para moitas xeracións de galegos— e polos aconteceres e desgrazas que, co cambio dos tempos e co gallo das distintas usurpacións do monte comunal, tiveron que sufri-los veciños da parroquia pontevedresa de San Martiño de Salcedo. O compañeiro João Bieites máis eu queremos agradece-las numerosas mostras de cariño e agradecemento que recibimos, dos alí presentes, polo traballo audiovisual que tivémo-la sorte de estrear dentro das “II Xornadas de montes comunais” que organizou a Comunidade de Montes de Salcedo. Para nós foi un grande privilexio que case unha vintena de veciños tiveran a ben deixarnos recolle-la testemuña da súa vida coas nosas cámaras. E foi, asemade, unha grande satisfacción poder facer este traballo e contar coa incondicional colaboración e apoio da Xunta Rectora da Comunidade de Montes de Salcedo así como de tódolos veciños que participaron neste traballo, sen os cales non tería sentido este documental. Dende este espazo virtual que me ofrece a rede quero dárlle-las grazas a todos eles, así como a todo o público que abarrotou o salón de actos do CEIP de San Martiño de Salcedo. Pola nosa banda, prometemos que o documental estará dispoñible o antes posible para que todo aquel que queira visionalo poida facelo. DOCUMENTAL “COMUNEIROS” NO DIARIO DE PONTEVEDRAPosted on 4 Novembro 2011 by asombradebouzapanda
O DOCUMENTAL “COMUNEIROS” EN EL PAÍSPosted on 1 Xaneiro 2012 by asombradebouzapanda
SOBRE A PARTICIPACIÓN NAS “I XORNADAS SOBRE PATRIMONIO” FALANDO DE MÚSICA NA “I XEIRA DO PATRIMONIO RURAL” Diario de Pontevedra ——————————————————————————————————————- SOBRE A I XEIRA DO PATRIMONIO RURAL DE SALCEDO Diario de Pontevedra Faro de Vigo SOBRE O DOCUMENTAL “SETE CAMIÑOS. ENCRUCILLADA DO TEMPO” Diario de Pontevedra Faro de Vigo La Voz de Galicia PRESENTACIÓN DO PROXECTO PARA A CREACIÓN DO “ESPAZO NATURAL E ARQUEOLÓXICO DOS SETE CAMIÑOS” Galicia Hoxe CRÓNICA XORNALÍSTICA DA INAUGURACIÓN DOS SETE CAMIÑOSPosted on 10 Xuño 2015 by asombradebouzapanda
O pasado domingo inauguramos o “Espazo natural e Artqueolóxico dos Sete Camiños” cunha multitudinaria andaina na que visitamos algúns dos elementos arqueolóxicos, etnográfcios e naturais máis senlleiros deste espazo. A verdade é que non podemos estar máis contentos, tanto pola grande afluenza de xente que se quixo unir a esta celebración como polo feito de ver consumado un soño no que viñamos traballandfo e loitando os últimos anos. Dende aquí o meu agradecemento a todos aqueles que nos acompañaron na andaina do pasado domingo e a todos os que durante estes anos apoiaron este proxecto.
|