|
FESTA DA VECIÑANZA COMUNEIRA DE SALCEDO.
A Asemblea Xeral de 2014 aprobou a proposta de facer un acto de festexo un día de verán, con participación de toda a veciñanza comuneira núa zona do monte recuperado. Se trata de promover un proceso de participación e dinamización social arredor da historia e do patrimonio da nosa Parroquia, que implique a comunidade nos proxectos de organización e de xestión e a creación dun modelo de desenvolvemento social e económico con xestión dos nosos produtos rurais que favoreza unha vida máis digna para os veciños.
O día 1 e 2 de agosto de 2015 celebramos a 1ª FESTA DA VECIÑANZA COMUNEIRA de Salcedo na que se desenvolveu un programa de activades encamiñadas a festexar a colleita dos traballos desenvolvidos nestes últimos anos, á realzar o orgullo de ser comuneiro de unha Parroquia rural coma a nosa e ensalzar os vínculos de unión entre comuneiros veciños e demais cidadáns.
Foi unha festa dondo asistiron 5 xeracións de veciños da Parroquia, participando directa ou indirectamente nas distintas actuacións que se desenvolveron nos dous días. Cabe destacar a proxección do documental “En todas as mans”, sobre o monte comunal en Galiza, a carreira dos rapaces, o partido de fútbol entre homes e mulleres, as recreacións sobre actividades profesionais realizadas no campo nos anos 50, os xogos tradicionais e o xantar onde participaron 252 persoas.
GALERÍA FOTOGRÁFICA DO DESENVOLVEMENTO DA FESTA:
|
|