XORNADAS SOBRE
O MONTE COMUNAL
|
FEBREIRO 2018
50 alumnos de 4º curso de C.E.I.P. do Colexio San Martiño e 70 de 4º e 6º curso de C.E.I.P. de Cabanas da Parroquia de Salcedo , visitaron os montes comunais de Armada e San Martiño de Salcedo.
En esta visita estiveron acompañados por membros da Xunta Reitora da Comunidade de Montes que foron explicándolle o patrimonio que conteñen , forestal, etnográfico e arqueolóxico. Tamén fixeron unha plantación de castiñeiros e vidueiros.
A comunidade de montes costeou os autobuses e avitualleou ós rapaces con froita.
|
|