COLEXIOS
XORNADAS SOBRE O MONTE COMUNAL |
I SAÍDA A Comunidade de Montes de Salcedo organizou o domingo 21 de abril de 2013 unha actividade cultural polo monte de San Martiño de Salcedo para coñece-la súa flora e o seu patrimonio arqueolóxico, etnográfico e cultural. Nesta “I Saída da parroquia de Salcedo”, concibida para a participación de toda a familia, visitáronse, entre outros lugares, as novas plantacións de frondosas que a comunidade puxo en marcha, os traballos de eliminación de especies invasoras e de recuperación domonte, os muíños do Outeiro (onde se fixo unha muiñada), unha traída de augas da parroquia e os petróglifos do Regato dos Buratos. Nesta actividade participaron o biólogo Ramón Sineiro, falando da flora e da fauna do monte de Salcedo, e o antropólogo Rafael Quintía, quen falou do rico patrimonio cultural da parroquia. |