Ii SAÍDA

4 de maio celebramos a“II Saída pola parroquia de Salcedo” organizada pola Comunidade de Montes de Salcedo para dar a coñecer os traballos que se están desenvolvendo para a recuperación e ordenamento racional e sustentable do monte, así comos os labores de posta en valor do patrimonio. Nesta andaina cultural o antropólogo Rafael Quintía falarálles aos participantes do  rico patrimonio arqueolóxico, etnográfico, inmaterial de Salcedo. O biólogo Amancio Castro falará das árbores autóctonas e da súa importancia e o presidente dos Comuneiros de Salcedo Fernando Pintos explicará os traballos de revalorización que se están a facer no monte comunal.

 

img004

Faro de Vigo

img005

La Voz de Galicia

DSCF0971

No castro do Monte das Croas, xunto a Fernando Pintos (Presidente dos comuneiros de Salcedo e ao biólogo Amancio Castro)

DSCF0990

Nos petróglifos de Mato das Cruces

DSCF1007

Nos petróglifos do Outeiro das Mouras

DSCF1005

Tesouros encantados e fermosas mouras se agochan baixo estes penedos de Salcedo

DSCF1023

Plantación simbólica de carballos da man dos futuros herdeiros do noso legado cultural e natural