1ª XORNADA SOBRE MONTES COMUNAIS.
Celebrouse en novembro de 2010. As loitas contra a “franxa de seguridade”, as obras ilegais como a “aldea afgana e o poboado urbano” e a reclamación xudicial do monte, facía necesario manter vivo o espírito de loita e a unidade contra todos eses atropelos. Nesa 1ª xornada se proxectou a película “O MONTE É NOSO”, unha conferencia coloquio a cargo de ANGEL BRAVO, responsable de toda a documentación pericial que foi presentada na reclamación xudicial e un documental sobre “ A LOITA DOS VECIÑOS DE SALCEDO E OUTROS, CONTRA A FRANXA DE SEGURIDADE E AS OBRAS ILEGAIS ACOMETIDAS POR DEFENSA NO MONTE SAN MARTIÑO”, no que se recolle a participación de centos de persoas nas marchas e concentracións polo monte e as denuncias e opinións ante os medios de comunicación que se levaron a cabo durante máis de un ano na defensa das súas propiedades particulares e comunais.
2ª XORNADA SOBRE O MONTE COMUNAL
Celébrase en novembro de 2011 co seguinte programa:
Pola maná, xornada de portas abertas na sede da comunidade e plantación de especies ornamentais na leira.
Pola tarde, proxección do documental, “COMUNEIROS Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo” Que recolle as vivencias aconteceres e lendas dos veciños-comuneiros maiores da Parroquia, no monte comunal de San Martiño de Salcedo.
Conferencia–coloquio do avogado CALIXTO ESCARIZ, defensor da Comunidade na reclamación xudicial do Monte San Martiño, sobre “ A repercusión social, económica e medioambiental sufrida polos veciños-comuneiros de Salcedo, dende a ocupación militar no Monte San Martiño.”
|